HomesociedadePunto de recarga para vehículos eléctricos en Quiroga

Punto de recarga para vehículos eléctricos en Quiroga

Quiroga contará en breve cun punto de recarga semirrápida de vehículos eléctricos. O Concello de Quiroga solicitou a unha empresa distribuidora a instalación dun punto de subministro en baixa tensión independente de 88 kw de potencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O punto de recarga semirrápida para os vehículos eléctricos contará  con dúas prazas de uso simultáneo de 22 kw de potencia por cada toma e colocarase na rúa Real, á altura da marquesiña de autobuses. Este punto permitirá a carga dun vehículo eléctrico en corrente alterna mediante unha conexión de tipo 2 ou MENNEKES, o conector actualmente homologado como standard en Europa.

A súa utilización e o pago das recargas xestionarase a través da tarxeta SMART MOBILITY  ou dunha aplicación móbil (Recarga Pública Iberdrola) que permitirá incluso reservar a hora na que se quere realizar a recarga.

Seguindo as recomendacións da Unión Europea, en España a partir do 2040 deixarán de venderse vehículos de gasoil ou gasolina para que a partir do 2050 o parque de turismos e vehículos comerciais lixeiros será unicamente eléctrico.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...