HomesociedadeCorte no subministro de auga na rúa Chantada de Monforte este mércores...

Corte no subministro de auga na rúa Chantada de Monforte este mércores pola mañá

O Concello de Monforte informa de que este mércores, 6 de outubro, levarase a cabo un corte no subministro de auga en parte da rúa Chantada, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é cambiar a tubaxe de fibrocemento da acometida e substituíla por unha nova tubaxe de fundición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este corte no subministro de auga afectará ós números comprendidos entre o 198 e o 240 da rúa Chantada, así como os ramais das rúas Álvaro Cunqueiro, Pintor Raimundo Patiño e Vicente Risco.

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9:00 ata as 12:30 e pola tarde, de 15:30 ata as 18:00 horas.

Desde o Concello aseguran que seguen traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte. Agradecen a comprensión dos veciños e rogan desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...