IniciosociedadeO Quiroga F.C. non xogará na casa ata o vindeiro ano por...

O Quiroga F.C. non xogará na casa ata o vindeiro ano por melloras no campo

O campo de fútbol San Martiño e as Pistas Multideportivas do parque da Constitución van ser obxecto dunha importante reforma na que se investirán preto de 100.000 €. A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia aportará 48.394 €, mentres que do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo investiranse outros 48.387´90 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste proxecto de mellora do campo de fútbol inclúese a remodelación da herba do campo de xogo, colocando un novo sistema de rego e replantando o céspede. Tamén se acondicionará o campo de adestramento coa colocación dunha capa de terra vexetal e a sementa de céspede. O proxecto inclúe tamén a roza e retirada de maleza e a retirada de escombros dunha cancha demolida. Ademais traballarase no peche do recinto co levantamento dun muro de bloque e a colocación dunha rede.

Aínda que con labores de mantemento habitualmente, o campo do San Martiño non acolleu grandes remodelacións dende hai unha década cando se construíron os novos vestiarios, se acondicionaron as gradas e se asfaltou o aparcamento. Coa intención de atopar financiamento para renovar a zona de xogo, xa que o céspede non se levantou dende finais dos anos 90, foi polo que xa no ano 2019 o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de deportes, Andrés Novoa, se reunían co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

O inicio destas obras está previsto para estes días, polo que o equipo de  fútbol Quiroga F.C. que está a piques de comezar a liga na segunda autonómica non poderá disputar ningún partido na casa polo menos ata o mes de xaneiro.

pistas Parque da Constitución / concello de Quiroga

En canto ás melloras proxectadas nas pistas multideportivas do parque da Constitución, xa se realizou a roza e limpeza do talude da parte de abaixo e agora vaise substituír a malla inferior e cerrarase a pista con madeira tratada. Ademais estase traballando na posibilidade de cambiarlle o pavimento por un novo de céspede artificial.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...