HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela, mariñeiros por un día

Alumnado do IES A Pinguela, mariñeiros por un día

"Mariñeiros por un día: o mar nun clic", un programa educativo e divulgativo para escolares que organiza a cofraría de Celeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 1º ESO do IES A Pinguela vén de viaxar ao porto de Celeiro para participar no programa “Mariñeiros por un día: o mar nun clic”, un programa educativo e divulgativo para escolares que organiza a cofraría desa localidade para escolares co obxecto de aproximar a xente nova ó mundo do mar e dos produtos pesqueiros.

Coñeceron como funciona a lonxa, e fixeron un percorrido polas instalacións con explicación sobre o seu funcionamento, as especies capturadas pola frota de Celeiro, recoñecemento da merluza do pincho da de volanta, os barcos pesqueiros, a pesca sostible e simulación dunha poxa. Tamén visitaron o taller do pescador da Cofraría de Celeiro, onde fixeron un repaso de todo o que aprenderon na xornada, con especial atención ás
diferentes artes de pesca, os nós mariñeiros, os anzois, os produtos pesqueiros e o coidado do medio mariño.

Remataron a xornada cun menú a base de produtos do mar nun restaurante local e aproveitaron para coñecer a fermosa vila de Viveiro.


Mariñeiros por un día / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...