HomesociedadeBóveda e Afamón forman a coidadores de persoas con Alzheimer e outras...

Bóveda e Afamón forman a coidadores de persoas con Alzheimer e outras demencias

O curso desenvolverase os días 19, 21, 26 e 28 de outubro en horario de tarde e o Concello de Bóveda programa tamén un Outono Cultural con actividades para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda organiza este mes en colaboración con Afamon Monforte un curso para coidadores de persoas con Alzheimer e outras demencias. O curso desenvolverase no salón de plenos do concello de Bóveda os días 19, 21, 26 e 28 de outubro, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Para participar é preciso inscribirse chamando ao 982 410 929 ou 982 426 006.

E o Concello de Bóveda programa un Outono Cultural con actividades para todos os públicos. A primeira delas será un concerto do cantautor, Xoán Curiel, o 24 de outubro, como celebración do Día da Biblioteca, a actividade leva por título, “Cantando as nosas letras”. A cita ás 18.30 no centro sociocultual, onde tamén se desenvolverán as seguintes actividades.

O 13 de novembro dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado Gargalladas haberá teatro, ás 18.30, a cargo de Os Trocos, coa obra “Por un puñado de grelos” e o 27 de novembro chega o espectáculo ‘Os Bolechas fan o camiño marciano’. Actividade de Fala Redes 2021 que se desenvolcerá a partir das 17.00 horas.


ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...