Homesociedade23 establecementos de Monforte no Saborea o Outono que comenza o día...

23 establecementos de Monforte no Saborea o Outono que comenza o día 14

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha a partir de mañá xoves, 14 de outubro, a campaña Saborea o Outono, co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 23 establecementos da localidade ofrecerán nesta segunda quincena do mes de outubro –os xoves, venres, sábados e domingos– tapas, racións, pratos de carta, menús, almorzos e mesmo cócteles con produtos típicos do outono.

Todos os locais adheridos á campaña terán exposto un cartel identificativo como participantes e no seu interior contarán con dípticos de todos os establecementos partícipes.

Con esta iniciativa, a Apehl anima a todos os veciños a gozar da hostalería nesta nova normalidade, degustando os produtos típicos de Galicia nesta época do ano.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...