En Sober volven as actividades deportivas e a ximnasia nas parroquias

Para anotarse e obter máis información destas actividades poden facelo de 10:00h a 14:00 horas na Casa da Cultura ou no teléfono 982 46 05 13.

Ximnasia Sober / Concello de Sober

O Concello de Sober retoma as actividades deportivas e a programación de ximnasia de mantemento nas parroquias. No ximnasio municipal de Sober desenvolveranse actividades deportivas de luns a xoves, contando con Ximnasia de Mantemento, Pilates e Aerobic.

A Ximnasia de Mantemento nas parroquias desenvolverase en Neiras, os luns a partir da 16.30 e os mércores en Anllo, a partir das 16.00 e en Rosende das 17.00.

Desde o concello lembran que está a disposición da veciñanza o ximnasio municipal, que abre os luns a partir das 18.00, os martes en horario de mañá e mércores e xoves en horario de mañá e tarde.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here