Homesociedade20 persoas formaranse en auxiliares de construción co obradoiro Sillor VIII

20 persoas formaranse en auxiliares de construción co obradoiro Sillor VIII

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste 377.000 euros no obradoiro de emprego Sillor VIII, que deu comezo nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses e estará dirixida á cualificación e adquisición de experiencia laboral mediante un contrato de traballo; ao rematar, obterán un certificado de profesionalidade.

Ademais, neste caso parte do investimento está destinado a sufragar incentivos para facilitar a posterior contratación dos 20 alumnos traballadores durante un mínimo de tres meses máis a xornada completa en empresas locais do sector.

Ao tempo que adquiren os coñecementos e habilidades necesarias, os participantes no obradoiro desenvolven distintas obras nos concellos promotores. En concreto, en Ribas de Sil acondicionarán a nave municipal de San Clodio, e en Quiroga construirán beirarrúas na travesía dos Tallos.

Pola súa banda, en Folgoso do Courel construirán unha beirarrúa na Avenida Deputación e un heliporto eventual en Traspando, mellorarán o acceso á igrexa de Esperante, acometerán os revestimentos interiores da nave municipal da Serra e acondicionarán unha zona para parapente no alto do Piapaxaro.

ÚLTIMAS

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...