IniciosociedadeO uso das redes sociais para aumentar a rendibilidade no sector agroalimentario...

O uso das redes sociais para aumentar a rendibilidade no sector agroalimentario protagoniza 5 cursos en Monforte

A Agacal celebra a vindeira semana no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos ata cinco cursos centrados no uso das redes sociais para aumentar a rendibilidade e a visibilidade do sector agroalimentario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os vindeiros martes 2 e xoves 4 de novembro falarase de creatividade nas redes sociais para os sectores produtivos de agricultura e gandaría. Ambas accións formativas están programadas en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. O obxectivo destas xornadas é sacarlle partido ás redes sociais de maneira profesional no sector agroalimentario, xa que son unha ferramenta perfecta para a comercialización do produto. Así, o curso versará sobre as claves para crear contido atractivo (texto e fotos) que conecte cos clientes potenciais, abordando diversas aplicacións de deseño, fotografía e vídeo.

Mentres, os días 2, 3 e 4 de novembro programaranse outras tres xornadas -neste caso- sobre o uso específico das redes sociais para a comercialización de produtos agroalimentarios. En horario de 10:00 a 14:00 horas, estas iniciativas xa teñen arredor de 50 participantes confirmados, que recibirán coñecementos sobre as principais redes sociais e sobre como empregalas creando contidos para dar saída ás súas producións. Así mesmo, aprenderán a medir en todo momento os resultados para optimizar as publicacións.

Ambas accións están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina poden descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 889 103.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...