HomesociedadeSEA analiza a ampliación do Polígono de Monforte

SEA analiza a ampliación do Polígono de Monforte

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo reuniuse coa Subdelegada, Isabel Rodríguez, nun encontro para avaliar a situación económica dos polígonos de Monforte, Mondoñedo, Rábade e Chantada, que xestiona SEA na provincia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Beatriz Sestayo analizou con Isabel Rodríguez os últimos resultados económicos obtidos nos polígonos industriais que xestiona SEA na provincia e que suman un total de 870.626 metros cadrados brutos.

Do Polígono Industrial do Reboredo en Monforte destacou que “durante estes exercicios manifestou un impulso que é exemplo de dinamización e da cooperación institucional a favor do entendemento e do interese xeral”. Pecháronse operacións de venda de ata 16 parcelas en só tres anos. Neste 2021 chegáronse a pechar operacións con sete empresas, que afectan a máis de 51.000 metros cadrados de superficie, por unha cifra superior ao millón de euros (290.784 o primeiro trimestre e 795.129 o segundo.

Ante esta situación e dado que se logrou que só queden dispoñibles catro parcelas na actualidade, Beatriz Sestayo explicou que SEA comezou a analizar a ampliación do polígono, atendendo á demanda existente.

A xestión directa, a comunicación e a colaboración institucional, xunto coas distintas medidas impulsadas para facilitar a instalación de emprendedores, propiciaron que nos últimos anos os polígonos de SEA na provincia multiplicasen a súa ocupación.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...