HomesociedadeFormación en Chantada para voluntarios de protección civil sobre manexo de desfribriladores

Formación en Chantada para voluntarios de protección civil sobre manexo de desfribriladores

A Xunta de Galicia organiza en Chantada un curso sobre a utilización de desfibriladores externos dirixido a voluntarios e voluntarias de Protección Civil. En concreto, participan 24 integrantes da agrupación do municipio e máis das de Sarria, Becerreá e Nogueira de Ramuín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Academia Galega de Seguridade Pública -que depende da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo- retoma a formación presencial para as Agrupacións de Protección Civil logo de que o pasado ano estivera suspendida pola pandemia, circunstancia que paliou na medida do posible con convocatorias de cursos en liña.

Así, o pasado sábado celebrouse un curso similar en Folgoso do Courel, tamén para 24 voluntarios desta agrupación xunto coas de Lourenzá, Ribas de Sil, Cervantes e Ribeira de Piquín.

Trátase de xornadas de cinco horas de formación, eminentemente prácticas, nas que adquiren os coñecementos necesarios para o manexo dos desfibriladores externos co fin de acurtar os tempos para realizar unha reanimación cardiopulmonar e aumentar así as taxas de supervivencia.

A Academia tamén imparte formación á Policía Autonómica, corpos de Policía Local de Galicia, Policía Nacional, Garda Civil, Grupos de Emerxencias Supramunicipais, bombeiros e outros colectivos en materia de seguridade.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...