HomesociedadeDía dedicado a Sober en Xantar

Día dedicado a Sober en Xantar

O Concello de Sober conta un ano máis cun stand propio na Feira 'Xantar, 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico', que se celebra do 3 ao 7 de novembro en Expourense, na cidade das Burgas. A cita foi inaugurada hoxe polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que tamén estivo o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local segue fiel a esta cita que utiliza para darse a coñecer ante miles de visitantes como un destino próximo, completo e único.

Hoxe foi o día dedicado a Sober e houbo unha degustación de viño de Amandi e rosca de Sober con queixos das diferentes D.O. protexidas de Galicia.

O Concello de Sober aproveitará o stand para promocionar os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus miradoiros, os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos, como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...