HomesociedadeNovo vehículo para obras e xardinaría no Saviñao

Novo vehículo para obras e xardinaría no Saviñao

Juan Carlos Armesto recepcionou o Dumper para equipación de servizos múltiples.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao vén de adquirir un novo vehículo para as áreas de obras e xardinaría. O alcalde, Juan Carlos Armesto, recepcionou o Dumper para equipación de servizos múltiples, engadindo que se trata dunha incorporación ao parque móbil da entidade local, co fin de prestar un mellor servizo aos cidadáns.

“Facilitaremos así, avanza o rexedor, os traballos de obras que habitualmente se desenvolven no municipio, como poden ser a limpeza ou o mantemento dos camiños e estradas de ámbito local, movemento de terras, etc”.

E é que con esta adquisición, dotarase aos operarios contratados, engade o alcalde, “dunha ferramenta fundamental para desenvolver o seu traballo”.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...