HomesociedadeRematadas as novas beirarrúas do Polígono Industrial do Saviñao

Rematadas as novas beirarrúas do Polígono Industrial do Saviñao

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, anuncia o remate das obras para a dotación de novas beirarrúas no polígono industrial O Peago, en Escairón. E o concello vén de inaugurar a iluminación coa que conmemora o Día Internacional para a eliminación da Violencia da Muller, fixado para o 25 deste mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta nova obra, mellórase a conexión de Escairón co polígono e auméntanse os servizos aos veciños e veciñas, segundo sinalan desde o concello. A obra supuxo un investimento de 63.000 euros e contou co apoio dunha subvención da consellería de Economía, Empresa e Innovación.

O rexedor explica que se trata dun “paso máis” na urbanización das zonas anexas á capitalidade municipal que permitirán unha conexión máis humanizada entre a zona urbana e a zona industrial. Ademais, contribúen á mellora da seguridade viaria ao dotar de espazos específicos para o uso por parte dos peóns.

Lazo violencia de xénero / concello do Saviñao

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...