HomesociedadeQuiroga traballa no acceso ao despegue de parapente e ao miradoiro de...

Quiroga traballa no acceso ao despegue de parapente e ao miradoiro de Vilañán

A Dirección Xeral de Turismo aporta 36.000 € para as intervencións que consisten en traballos de motoniveladora, realización de cunetas e pasos de auga e na colocación de grava compactada nalgúns tramos da pista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comezaron os traballos de arranxo da pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán. Trátase dunha pista duns 4 km que une o núcleo de Vilañán co despegue de parapente e o miradoiro.

No caso da pista de despegue de parapente, punto recoñecido polos afeccionados a este deporte como dos mellores polas súas térmicas, realizaranse labores de roza e fresado. Tamén está prevista e semente de especies herbáceas nunha zona duns 400 m2..

Estase á espera tamén de iniciar o arranxo do Miradoiro de Vilañán. A intervención no miradoiro complementará o traballo iniciado polos veciños deste núcleo.

Co acondicionamento da pista do despegue de parapente, do miradoiro de Vilañán e dunha rúa no núcleo dos Novais para o que se conta cunha achega do plan HURBE da Dirección Xeral de Urbanismo, son máis de 120.000 € os que inviste o Concello de Quiroga de cara ao turismo do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...