HomesociedadeO TSXG dalle a razón ao concello de Monforte para a utilización...

O TSXG dalle a razón ao concello de Monforte para a utilización da marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra interpuxera recurso contra a resolución da Oficina Española de Patentes e Marcas, que concedera ó Concello monfortino o rexistro e uso da marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No seu fallo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo CRDO Ribeira Sacra e obrígalle ó pago das costas procesais (1.500€) e ademais, contra esta sentencia so se poderá interpoñer recurso de casación.

O TSXG, nunha sentencia similar, tamén lle deu a razón ó Concello de Monforte ante o CRDO Ribeira Sacra, sobre a marca “Festival do Viño de Monforte-Viños da Ribeira Sacra”, marca sobre a que tamén interpuxera recurso o Consello Regulador, logo de que  Oficina Española de Patentes e Marcas resolvera favorablemente a prol do Concello monfortino. Tamén nesta sentencia do 29 de outubro, o TSXG tamén obriga ó CRDO Ribeira Sacra a pagar as costas procesais (1.500€) e so cabe recurso de casación.

O Alcalde amosou a súa satisfacción por estas dúas resolucións favorables, “o que nos permitirá seguir celebrando con totais garantías, e co seu nome e marca oficiais, o que é un dos certames máis importantes dos que se organizan arredor do viño da Ribeira Sacra, o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte,  e que si as circunstancias sanitarias nolo permiten, poderemos volver a organizalo para o vindeiro verán”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...