HomesociedadeVolve o Chantapas nas dúas últimas fins de semana de novembro

Volve o Chantapas nas dúas últimas fins de semana de novembro

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizan unha nova edición do Chantapas despois do parón do pasado ano pola pandemia e poñen en marcha unha APP con toda a información de actualidade dos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta edición do Chantapas desenvolverase do 19 ao 21 e do 26 ao 28 de novembro coa participación de: A Viñoteca, Café Mánix, La Cervecería, Bar Carballeira,  Cafetería Santa Ana, Café Cantón, O Casino, Bar Parada, adaRosa Tapería, Bar Centro, Cafetería Universal e Garden Bar.

Poderase consultar o horario de venda de cada tapa nos pasaportes do Chantapas 2021, nas nosas RRSS e tamén na APP Bandomovil. Haberá un xurado profesional para a valoración das tapas e tamén se contará coa valoración do xurado popular. Para ter dereito a voto débense consumir un mínimo de 7 tapas. Se se consumenn todas as tapas do concurso, entrarase no sorteo dunha tarxeta agasallo valorada en 50€ para gastar nos establecementos asociados.

A Asociación de Empresarios de Chantada tamén está organizando o Black Friday deste ano e acaba de poñer en marcha o uso dunha APP informativa que calquera persoa pode descargar para estar ao tanto de novas, ofertas de emprego, campañas… Para acceder a esta información non ten que facer nada máis que descargar a APP Bandomovil, buscar Asociación de Empresarios Chantada e xa poderá acceder a todos os contidos publicados.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...