HomesociedadeArranca "Destino Courel" cun obradoiro de emprendemento en Triacastela

Arranca “Destino Courel” cun obradoiro de emprendemento en Triacastela

Este mércores, 24 de novembro, comeza no Centro Social Fonte do Lunar no Concello de Triacastela o obradoiro de emprendemento que promove o GDR Ribeira Sacra-Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A riqueza da gastronomía do Courel, baséase principalmente nos alimentos máis característicos da zona como as castañas e o mel, que serán o foco central do I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel”. Programarase un modelo de encontro aberto no que se fomentará a participación dos profesionais ou futuros profesionais, ampliando a súa formación e coñecementos

O obradoiro ten como destinarias a todas aquelas persoas que estean interesadas en comezar a súa andaina nun oficio ou proxecto relacionado coa castaña e o mel a través do emprendemento, sen esquecer todos aqueles profesionais que queiran desenvolver ou mellorar o seus modelos de negocio ou actividades profesionais neste sector: restauración, obradoiros de pastelería e confeituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc. A inscrición é de balde no https://destinocourel.org/actividades/

O obradoiro desenvolverase en horario de 16.00 a 20.30, analizando cuestións como: cultura emprendedora dos 0 os 100 anos, teña ou non teña un negocio; como podo rentabilizar a miña estructura ou o meu territorio?, análise de casos de éxito: proxectos de emprendemento para a potencialización de produtos locais no destino, oportunidades no Destino Courel ou emprender coa castaña e o mel, unha oportunidade de negocio.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...