HomesociedadeBlack Friday os días 26 e 27 de novembro no comercio de...

Black Friday os días 26 e 27 de novembro no comercio de Sarria

Os días 26 e 27 de novembro o comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES organiza un ano máis o "Black Friday", na búsqueda de promocionar ás vendas dos artigos de tempada, incentivando ao consumidor a adiantar as compras de Nadal mercando no pequeno comercio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 Un total de 28 establecementos participan nesta edición organizada dende a Aces-CCU, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, calzado, puericultura, beleza, etc… “123 Escondite Inglés, Ara Moda, Atmosfera Sport, Barja Shoes, Bicarelo, Bicos de Fío, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Isabel Moda, Joyería Díaz, Lar de Menchu, Los Sueños de Uxía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Sarria Micsport, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida“.   

O Centro Comercial Urbano Sarria invita a todos os veciños e veciñas que queiran mercar no “Black Friday” a que o fagan no comercio de Sarria. Ademáis facilítase a compra a través da páxina web de varios dos establecementos participantes, incentivando a compra a través da mesma ou outros medios virtuais, con recollida en tenda, e/ou noutros casos con envío ao domicilio; como medida preventiva fronte á Covid. Os establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus produtos cun 20% de desconto durante os dous días. 

Os establecementos contarán co cartaz promocional desta campaña, o cal permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes no Venres Negro do Centro Comercial Urbano de Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...