HomesociedadeEste martes pola tarde espérase restablecer o servizo de auga no Saviñao

Este martes pola tarde espérase restablecer o servizo de auga no Saviñao

O Concello do Saviñao informa de que nas últimas horas arderon dúas bombas e dous motores da ETAP por causas que aínda descoñecidas, o que obrigoua a cortar o subministro de auga da traída.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o primeiro instante que se rexistrou a incidencia, dende o goberno local comezaron as xestións para buscar a reposición dos elementos danados e poder restablecer así o servizo no menor tempo posible.

Logo de atopar as bombas e os motores en Granada, dende o Concello enviaron “un vehículo e dous condutores para que conduzan sen descanso ata recoller o material. A previsión é que este estea no Saviñao mañá martes, ás 12:00 horas,” sinalan desde o concello.

Unha vez instalado, restablecerase o servizo, que prevén sexa ao longo da tarde de mañá. Dende o Concello agradecen a colaboración cidadá ao entender que o subministro de auga é un ben de primeira necesidade.

No momento en que quede restablecido o servizo, informarase á cidadanía a través dos medios de comunicación e doutras canles, como poden ser a redes sociais do Concello.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...