HomesociedadeConcurso de Tapas da Pobra do Brollón, do 3 ao 10 de...

Concurso de Tapas da Pobra do Brollón, do 3 ao 10 de decembro

Como novidade deste ano, incorpórase un comité formado por tres profesionais da restauración: os cociñeiros, Martín Mantilla e Diego Martínez e o empresario de hostalería, Suso Pereiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 3 de decembro volve o Concurso de Tapas da Pobra do Brollón, tras o parón do ano pasado a causa da pandemia. Na súa duodécima edición participan seis establecementos: tres bares na capitalidade (Bar Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio), dous en Salcedo (A Cantina de Julia, A Salanova) e máis O Fogón en Cereixa.

Co fin de garantir uns criterios de calidade, o comité cata as tapas de cada bar antes da súa presentación a concurso e asesora en posibles
melloras. “Esta iniciativa marca unha liña para subir o nivel do noso concurso de tapas, que é un xeito de dinamizar e apoiar a hostalería guímara nestes tempos de pandemia”, comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda. “Ademais, ao fomentar a participación da xente
no concurso, queremos alentar a creación de comunidade e espazos de socialización, sempre respectando as medidas sanitarias, por suposto”.

Durante unha semana, do 3 ao 10 de decembro, os establecementos ofrecerán a súa tapa a un prezo de 1,50€ para a súa degustación e valoración por parte dos consumidores. Son estes os que conforman o xurado popular que coas súas votacións elixen as mellores tapas para a entrega do primeiro, segundo e terceiro premio. Entre todos os que voten sortearase un agasallo que consistirá nun circuíto termal e unha noite para dúas persoas no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

ÚLTIMAS

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con...

Perto dun milleiro de visitantes fixeron xa a senda divulgativa do Viveiro dos Trollos en Bóveda

A senda divulgativa do Viveiro Forestal dos Trollos poñíase en marcha no mes de...

Queixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a senda peonil de Monforte

As dúas formacións políticas manifestan a súa preocupación polo proxecto da nova senda peonil...