HomesociedadeQuiroga dispón de 176.000€ para investir en vivenda

Quiroga dispón de 176.000€ para investir en vivenda

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, vén de asinar en Santiago de Compostela coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Raquel Sánchez; un novo convenio de financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo convenio permitirá levar a cabo novas actuacións de rehabilitación na vila de Quiroga e en Pacios de Mondelo, por un importe de 73.399,67 €. Esta axuda unida ao Plan Hurbe asinado coa Xunta de Galicia, fai que Quiroga dispoña duns 176.000 € para investir en vivenda.

Agora o concello procederá a convocar as axudas, ás que poderán optar os propietarios das vivendas  con fins residenciais. Ao amparo deste programa de axudas, que xa sería o oitavo que asina o Concello de Quiroga, poderanse levar a cabo actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas, tanto interiormente como na parte exterior. Incluíndo melloras na eficiencia enerxética e sustentabilidade, na seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas, ata un máximo de 24.000 € por vivenda a executar ata o ano 2025.

O concello recibirá tamén axudas para executar pola súa conta actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da área de rehabilitación integral, cun importe de ata 2.000 euros por vivenda rehabilitada; así como financiamento para sufragar os custos da oficina municipal de rehabilitación.

Coa declaración de ARI, o concello participou nos diferentes plans de vivenda dende o ano 2010 para conceder axudas de rehabilitación de vivenda, agás o pasado ano 2020 en que non se solicitou dende a oficina municipal de vivenda. Dende o ano 2014 a zona de rehabilitación que incluía a Pacios de Mondelo e á Praza Maior ampliouse a unha importante parte da vila de Quiroga.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...