HomesociedadeA Ponte da Constitución e o Bono Turístico sosteñen a ocupación de...

A Ponte da Constitución e o Bono Turístico sosteñen a ocupación de decembro na Ribeira Sacra a pesar da incerteza pola pandemia

De media entre a totalidade de establecementos da Ribeira Sacra, as reservas aboadas mediante o bono turístico supuxeron un 39% do total.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos recollidos polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, as previsións de ocupación para a Ponte da Constitución descenden 7 puntos con respecto ao ano 2019, situándose nun 77%. “É de especial relevancia destacar que no 2019 a ponte foi unha “fin de semana longa” (3 días), polo que a comparación non é de todo obxectiva. Tamen é posible que a demanda se ralentizase por mor da nova onda da pandemia e a incerteza sobre as medidas que tomarán as distintas CCAA”, sinalan.

A categoría de turismo rural despunta sobre as demais, non só a ocupación media por tipoloxía de establecemento, senón nas previsións para as fins de semana de decembro; as casas de turismo rural prevén un 73 % de ocupación en días non laborais (este ano as datas centrais do Nadal coinciden a fin de semana). Os hoteis de 4 e 3 estrelas prevén 67% de ocupación, 10 puntos máis prevén as vivendas de uso turístico e outros aloxamentos

En novembro destaca que moitos establecementos pechan as súas portas ou só abren as fins de semana. O mesmo se prevé para o mes de decembro, cando outros tantos establecementos decidirán pechar as súas portas ata febreiro-marzo do ano que vén. As fins de semana de novembro rexistraron porcentaxes de ocupación moi altas. As casas de turismo rural marcaron a porcentaxe de ocupación máis alta en fin de semana, cun 93%, seguidas da categoría outros aloxamentos (hoteis 2 e 1*, pensións, apartamentos turísticos, albergues e camping), cun 85%. Os hoteis de 4 e 3 estrelas mantiveron tamén un ocupación media considerablemente alta durante as fins de semana de novembro (79%). Esta última categoría conseguiu a ocupación máis alta en días laborais (52%).

Bono Turístico

A piques de rematar o prazo para a utilización do Bono Turístico da Xunta de Galicia (15 decembro), os establecementos turísticos da Ribeira Sacra fan o seguinte balance: 

  • A maioría dos xestores resultan satisfeitos co funcionamento do bono turístico e recoñecen que supuxo un gran apoio neste último mes.
  • De media entre a totalidade de establecementos, as reservas aboadas mediante o bono turístico supuxeron un 39% do total.
  • As porcentaxes de reservas co bono turístico sobre o total están bastante igualadas entre categorías, sobresaíndo as categorías de hoteis de 4 e 3 estrelas e as casas de turismo rural.

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...