HomesociedadeAutocoidado da saúde o día 15 na Pobra do Brollón

Autocoidado da saúde o día 15 na Pobra do Brollón

A sesión do mércores, 15 de decembro, será na Casa da Cultura da Pobra do Brollón en horario de 11:30 a 13:00. A participación é gratuíta e aberta a todo o mundo. Para facilitar a organización, prégase reserva no teléfono 650 624 828.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 15 de decembro terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón unha actividade sobre autocoidado para unha vida máis saudable. Será impartida por profesionais do Centro de Atención a Persoas Maiores (CAPM) da Pobra do Brollón en colaboración co Concello. Diríxese especialmente a persoas maiores, aínda que está aberta a todos os públicos. Durante a sesión ofreceranse pautas que as persoas asistentes poidan poñer en práctica por se mesmas para mellorar o seu benestar.

‘Tras as limitacións que nos tocou vivir a raíz da pandemia, cremos máis importante que nunca incorporar hábitos saudables na nosa rutina diaria,’ comenta Pilar Míguez, a directora do CAPM. ‘Con isto en mente ofrecemos esta actividade, que tamén serve para achegar o noso Centro á veciñanza,’ apunta.

A sesión cubrirá recomendacións relacionadas coa actividade física, a estimulación do cerebro e o coidado das emocións. Ademais repartirase entre os asistentes unha guía das pautas para facilitar a súa aplicación.

Colaborando con esta actividade, o Concello da Pobra do Brollón busca incidir na calidade de vida dos veciños e veciñas, así como apoiar o traballo do CAPM. “O Centro de Día da Pobra é un recurso vital para promover a autonomía, o envecellemento activo e a vida comunitaria das persoas maiores ou con dependencia no noso municipio,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

“Esperamos que iniciativas como esta charla sirvan para promover a labor do Centro e animar a máis veciños e veciñas a usar o servizo,” conclúe. A actividade iníciase coa idea de que teña continuidade no futuro, a través de máis sesións en diferentes parroquias do municipio.

O CAPM da Pobra do Brollón actualmente ten prazas libres. As persoas interesadas no servizo poden informarse nos teléfonos 982 430 311 ou no 661 479 370, ou por correo electrónico en pobradobrollon.consorcio@igualdadebenestar.org.

ÚLTIMAS

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...

Conta atrás para o ‘Quiroga Trail Challenge’, proba que está preto das 1000 inscricións

O Quiroga Trail Challenge (QTC), unha das probas de montaña máis emblemáticas da península...

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...