HomesociedadeO terceiro médico de Pantón será fixo desde xaneiro

O terceiro médico de Pantón será fixo desde xaneiro

Despois de que o pasado 1 de decembro a terceira praza de medicina de familia do centro de saúde de Pantón non se cubrira, o alcalde, José Luis Álvarez, solicitou entrevista co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recente falta da terceira praza de médico de familia do centro de saúde de Pantón provocou que a oposición no concello, BNG e PSOE, desenvolvese diversas medidas para garantir o mantemento desta praza. Entre elas convocáronse varias concentracións ao considerar que o compromiso dado ao rexedor local polo xerente da EOXI non se ía cumprir con persoal fixo. O compromiso de Ramón Ares era que a partir do 30 de novembro a praza cubiriríase.

O 1 de decembro Pantón agardaba o seu terceiro médico, pero non chegou o médico fixo que se agardaba, e así se lle comunicou ao centro de saúde por parte da EOXI, pero non se informou ao concello, o que molestou ao alcalde con quen se comprometera o xerente.

Nesta situación, José Luis Álvarez solicitou entrevista co Conselleiro de Sanidade, de quen trae un novo compromiso, “que a partir de primeiros de ano a praza cubrirase con persoal fixo, pero polo momento tenta cubrirse enviando un médico de familia cando é posible”, asegura o alcalde que así llo confirmou García Comesaña.

“Falo por boca do conselleiro; se as cousas despois non fosen así tomariamos as medidas necesarias entre todos. As cousas é mellor arregalas falando que con manifestacións, pero se non hai outro remedio faranse,” conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...