HomesociedadePunto limpo móbil para Paradela

Punto limpo móbil para Paradela

A Xunta de Galicia financia con 66.300 euros a posta en funcionamento dun punto limpo móbil para mellorar a xestión de residuos no municipio de Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo equipamento foi adquirido polo Concello de Paradela con cargo á orde de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para municipios de menos de 3.000 habitantes.

Co novo servizo mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.

Esta convocatoria de axudas da Xunta cobre o 100% do custo da compra do vehículo, cun máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual e de ata 100.000 euros para unha agrupación de varios concellos.

Os beneficiarios teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —cando o concello dispón dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.

Os equipos móbiles veñen a completar a rede autonómica de puntos limpos para que toda a cidadanía poida ter acceso ao servizo. Na zona sur este ano beneficiáronse destas axudas os concellos de Folgoso do Courel, O Páramo e Bóveda.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...