Homesociedade300.000 euros para o segundo tramo da estrada provincial entre Pedrafita e...

300.000 euros para o segundo tramo da estrada provincial entre Pedrafita e Seoane

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba a adxudicación por 300.000€ das obras de ensanche e mellora dun novo treito da estrada provincial LU-P-1301, que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións contemplan a ampliación da estrada dende o punto quilométrico 8,6 ao 10,7 pasando dos actuais 4 metros ata os 5,5 metros de ancho. Tamén se farán tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, vanse colocar balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

Tendo en conta que as actuacións se fan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, búscase realizar unha actuación cun impacto medioambiental mínimo.

A institución ten a día de hoxe en marcha traballos nun primeiro tramo desta vía cun investimento de 245.000€, agora aprobou a adxudicación do segundo, e a principios do 2022 licitará o terceiro e último. Cando finalicen as tres fases das obras desta estrada, a Deputación levará investido preto dun millón de euros nesta vía provincial.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...