HomesociedadeO SAF de Chantada leva a pleno os incumprimentos da empresa Samaín

O SAF de Chantada leva a pleno os incumprimentos da empresa Samaín

As traballadoras integradas na Plataforma SAF de Chantada queren intervir no vindeiro pleno do concello para expoñer a situación na que se encontra o servizo, "os incumprimentos que está a cometer a empresa e a violación de dereitos fundamentais", engaden.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o SAF fixeron unha unha petición formal ó concello para que unha das compañeiras despedidas, cuxo despido foi anulado pola xustiza, interveña no pleno e dea a coñecer a todos os concelleiros a situación e a indefensión na que se atopan as traballadoras ante os “reiterados incumprimentos por parte da empresa Samaín.”

Segundo a plataforma os últimos feitos son motivos máis que suficientes para solicitar o cese da concesión e piden que o servizo volva a ser público polo ben das usuarias e das traballadoras.

Esixen a remunicipalización do servizo de atención no fogar e recuperar unha atención de calidade para todas as usuarias, e cese a temporalidade coa que se está a prestar o servizo. “Unha temporalidade que a sofren tamén as persoas usuarias que ven como cada día son atendidas por unha traballadora diferente na meirande parte dos casos,” conclúen desde o SAF.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...