HomesociedadeDe que época é o xacemento de Penas do Castelo?

De que época é o xacemento de Penas do Castelo?

Este xoves, 23 de decembro, ás 13:00 na Cantina de Julia en Salcedo, no concello da Pobra do Brollón; preséntase o resultado da datación por Carbono14 no xacemento de Penas do Castelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Penas do Castelo é un xacemento situado na ladeira do Río Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Brollón. Trátase dunha fortificación monumental cunha muralla que revelou seis metros de ancho e ata catro de altura conservada tras ser escavada o pasado verán.

Foi aquela a primeira campaña, financiada pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Concello, Asociación de Veciños e Comunidade de Montes en base a un modelo de arqueoloxía en comunidade que se está a prodigar no concello guímaro. “Cremos en proxectos que xeran recursos turísticos en comunidade, nacendo de abaixo arriba”, comenta Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

Desde o primeiro momento unha dúbida sobrevoaba as Penas do Castelo. De que época é? Estamos ante un castro, ou unha fortificación altomedieval…ou outra cousa? Este tipo de preguntas trasldáronse aos máis de 500 curiosos que pasaron polas visitas do verán. “Empregamos un relato baseado na dúbida que funcionou moi ben, non debemos ter medo a dicir que hai cousas que non sabemos. Isto permite ademais achegar ás persoas o proceso de creación de coñecemento” comenta, Xosé Gago, coordinador do proxecto como técnico de Cultura do Concello.

“Trátase dun xacemento estraño, situado en ladeira, cunha muralla cun sistema construtivo orixinal e moi pouca superficie aproveitable no interior” comenta Benito Vilas, arqueólogo director. Ante esta dúbida principal o equipo orientou parte dos esforzos á consecución de mostras que permitisen establecer unha “datación absoluta” mediante probas de Carbono 14. As mostras enviáronse ao laboratorio BETA en Miami e os resultados acaban de chegar para dalos a coñecer este xoves.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...