HomesociedadeInaugurada a nova Unidade de Atención Temperá de Quiroga

Inaugurada a nova Unidade de Atención Temperá de Quiroga

A Unidade de Atención Temperá dá servizo na actualidade aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Unidade de Atención Temperá conta con novas instalacións no edificio multiusos da Ribeira onde se ubica o Centro de Día. O xefe territorial de Política Social, Francisco Javier Vázquez Nodal participou na inauguración na que tamén se contou con representaci´ón dos concellos de Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón e Ribas de Sil.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, presentou unha obra na que se investiron máis de 300.000 €. “Con dúas anualidades do Plan Único, traballadores municipais, alumnos de dous obradoiros e poñendo materiais foi como se conseguiu levar a cabo esta obra”.

O novo servizo conta cun equipo formado por seis profesionais: dous psicólogos, dous logopedas, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá. Estes centros prestan atención para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. Na actualidade atende a 43 rapaces e en dous meses agárdase que xean máis de 60 rapaces.

A Xunta de Galicia, que investiu 102.000 euros neste centro, destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades que funcionan na Comunidade, o que supón un incremento do 82% con en relación co investimento deste ano. Na provincia de Lugo, as axudas aprobadas este ano pola Consellería de Política Social para a prestación de servizos de atención temperá por parte de administracións locais contribúen a dar cobertura a nenos e nenas de 36 municipios.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...