HomesociedadeBelén de J. Antonio Dávila na Casa da Cultura de Monforte

Belén de J. Antonio Dávila na Casa da Cultura de Monforte

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 10 de xaneiro de 2022, e sempre atendendo ás medidas de seguridade e aforos determinadas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o
empadroamento, a fuxida a Exipto, Herodes, comerciantes, soldados romanos…

Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, o portal do nacemento,…

A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga. Desde o concello convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...