HomesociedadeQuiroga brinda co seu viño no último pleno do ano

Quiroga brinda co seu viño no último pleno do ano

Por tratarse da derradeira sesión plenaria deste ano, a corporación municipal aproveitou para felicitar as festas e o aninovo a todos os veciños e con viño das tres adegas de Quiroga, facer un brinde por Quiroga e polos quirogueses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A corporación municipal celebraba a derradeira sesión plenaria deste ano. O primeiro punto aprobado por unanimidade foi a ratificación  do convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de todas as titulacións oficiais de grao e máster universitario impartidas na Universidade de Santiago de Compostela.

A continuación tamén se aprobaba por unanimidade a proposta da  ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. Como explicou o alcalde – presidente, Julio Álvarez, esta ordenanza fíxase a través dun convenio coa Deputación Provincial que aprobarán a maioría dos concellos da provincia de Lugo para esixir que as empresas que aproveitan os recursos eléctricos do municipio, paguen algo máis por ese aproveitamento.

O último punto tratado foi unha moción do grupo municipal popular para mostrar o apoio ás forzas e corpos de seguridade do estado e policías locais para esixir ao Goberno de España que non modifique a Lei de Seguridade Cidadá.

        

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...