HomesociedadeQuiroga aproba a ordenanza por aproveitamento do dominio público de instalacións eléctricas

Quiroga aproba a ordenanza por aproveitamento do dominio público de instalacións eléctricas

A corporación municipal aprobou por unanimidade a Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta ordenanza fíxase a través dun convenio coa Deputación Provincial que aprobarán a maioría dos concellos da provincia para esixir que as empresas que aproveitan os recursos eléctricos do municipio, paguen algo máis por ese aproveitamento.

Ata o de agora, pola ocupación do dominico público local (vías públicas municipais), independentemente do tipo de elementos cos que se produza esa ocupación, sin excepción algunha, as empresas que aproveitaban eses recursos tiñan que abonar o 1´5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obtiñan anualmente no término municipal.

Nesta ordenanza téñense en conta varias puntualizacións: que o valor da ocupación ten que ir en función do ben utilizado; que non se poden aplicar gravames de tipo xeral posto que cada espazo ocupado ten as súas propias características e que na aplicación da taxa debe ponderar máis o beneficio obtido por quen ocupa o espazo que o valor do mercado do espazo ocupado.

Con esta ordenanza fiscal, que xa está a exposición pública na casa consistorial, grávase non só o uso privativo das vías públicas (que xa está estipulado por lei) se non tamén o uso doutros bens de dominio público – incluso de carácter comunal -, aplicando criterios de valoración razoables e equitativos.

Julio Álvarez, matizou na sesión plenaria, que coa aplicación deste novo ordenamento as empresas de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos, deberán abonar o 2´5 % polos elementos físicos e o 5 % polo que circula polo cableado.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...