HomesociedadeO 5 de xaneiro os Reis Magos inician na estación de tren...

O 5 de xaneiro os Reis Magos inician na estación de tren de Monforte a tradicional cabalgata

Ás 16:50 horas deste mércores, 5 de xaneiro, está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Ferrocarril de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na estación, serán recibidos polo Alcalde e por membros da Corporación municipal, e coa música da Escola de Gaitas do Concello. Aproveitarán a ocasión para saudar a todos os nenos e nenas que os estean esperando.

Dende alí, a Comitiva Real estará integrada por catro carrozas cos Reis Magos e seus paxes, formados por alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, o Grupo de Gaitas do Concello e outros grupos musicais e decorativos.

A Comitiva Real partirá arredor das 17:45 horas dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia, finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, onde os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades e membros da Corporación municipal.

Sobre as 19:00 horas as Súas Maxestades de Oriente lerán o discurso de Reis dende as escaleiras da entrada principal do Concello, finalizando a súa visita coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade no alto das propias escaleiras exteriores do Concello.

Para facilitar o acceso con seguridade dos nenos e que se poidan sacar fotos coas Súas Maxestades, establecerase un circuíto delimitado con vallas de entrada e saída, aproveitando as ramplas laterais existentes a ambos lados da fachada do Concello, sendo á da dereita segundo se mira á fachada a entrada, e a saída pola rampla da esquerda.

Dende o Concello, recórdase a obrigatoriedade de usar máscara en todo momento, e recoméndase gardar a correspondente distancia de seguridade, segundo recomendan as autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...