HomesociedadeDiminúe o paro na zona sur e o sector servizos segue tendo...

Diminúe o paro na zona sur e o sector servizos segue tendo o maior número de parados

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente a redución do paro na zona sur no mes de decembro, destacando a redución na comarca de Lemos cunha baixa significativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por concellos os datos son os seguintes: Bóveda 50 (+2) Monforte de Lemos 1074 (-25) Pantón 87 (-8) A Pobra do Brollón 64 (-7) O Saviñao 137 (+8) Sober 96 (+4), Chantada 427 (+8) Carballedo 68 (=) Taboada 89 (+5) Quiroga 159 (-8) Folgoso do Courel 42 (-2) Ribas de Sil 37 (-1)

Por comarcas os mellores datos rexistráronse en Quiroga, diminuíndo en todos os concellos. No lado contrario está a comarca de Chantada que subiu en todos os concellos menos en Carballedo que mantívose igual que en novembro.

Desde CCOO aseguran que ven con preocupación a alta porcentaxe de parados no sector servizos en comparación con outros sectores: Servizos 1544 (parados 66’2%) Construción 211 (parados 9%) Indutria 215 (parados 9.2%) Agricultura 171 (parados 7’3 %). Os parados sen emprego anterior suman un 8,3%.

CCOO ve máis necesario que nunca aprobar a nova reforma laboral e así poder acabar con moitos contratos en fraude de lei, como os de obras e servizos; así como a alta rotación de moitos mozos aos que lles chegan a facer ata 29 contratos no sector servizos e de axuda a domicilio, aseguran desde o sindicato.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...