HomesociedadeQuiroga renova convenio para continuar co GES

Quiroga renova convenio para continuar co GES

O Concello de Quiroga vén de aprobar adherirse ao Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo este convenio, Xunta e Deputación acordan apoiar a función dos GES que ven a complementar a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais xunto cos parques de bombeiros, de forma que  cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencias nun ámbito de actuación superior á municipal.

O Concello de Quiroga únese a este convenio coa intención de prestar un servizo público á cidadanía que de seguridade en lugares públicos en materia de protección civil e  extinción de incendios.

Os GES de Quiroga, que se enmarcan na zona de Quiroga – Terra de Lemos contarán cunha sede no concello con seis efectivos – ao igual que ata o de agora -, posto que é unha base compartida con outros seis efectivos con sede no Courel. Este servizo, segundo o convenio asinado, estará financiado nun 52´5 % a través da Xunta de Galicia, nun 40 % a través da Deputación provincial e nun  7´5 % con cargo ao propio concello.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...