Iniciosociedade22.000€ da Deputación para o alumeado de Outeiro, en Taboada

22.000€ da Deputación para o alumeado de Outeiro, en Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes co Alcalde de Taboada, Ramiro Moure, e o presidente da Asociación de Veciños San Martiño das Dores, José Manuel Pacín Vázquez, un convenio de colaboración para dotar de alumeado público ao lugar de Outeiro, pertencente á parroquia do Couto, en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial inviste 22.015€ para sacar adiante esta actuación, grazas á que a veciñanza de Outeiro contará con luminarias no acceso ás súas vivendas. Pola súa banda, o Concello taboadés será o responsable da tramitación administrativa necesaria para levar a cabo as obras.

A vía de acceso á parroquia conta cunha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 6 metros, sen beirarrúas. Neste espazo instalaranse 6 luminarias de tecnoloxía LED, que proxectarán a intensidade cara o chan para limitar a contaminación luminosa. Con este proxecto aproveitaranse mellor os recursos luminosos e enerxéticos co que se consegue un importante aforro a través de luminarias con 60W de consumo.

Ademais desta colaboración para mellorar o acceso ás vivendas do Lugar de Outeiro, o Concello de Taboada conta cunha achega da Deputación de Lugo de 329.800,53€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver distintas actuacións para manter e aumentar os servizos e infraestruturas e crear emprego, entre outras.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...