Homesociedade214.000€ da Deputación para a estrada que comunica Chantada, Taboada e Antas...

214.000€ da Deputación para a estrada que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla

A Deputación aproba obras de mellora en catro estradas que discorren por 9 concellos cun investimento de máis de 850.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial deu o visto bo este venres ao proxecto e a licitación das obras de rehabilitación da estrada LU-P-1809, que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla. O orzamento é de 214.000€ para renovar 20 quilómetros desta vía: dende o punto quilométrico 3,6 ao 23,8. O prazo de execución é de tres meses.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou en total a mellora de 70 quilómetros de catro estradas que discorren por 9 concellos da provincia cun investimento total que ascende a máis de 850.000€. Inclúense tamén licitacións para a vía que comunica Lugo e Guntín, a que vai de Navia de Suarna a Cervantes e a de Fonsagrada a Ribeira de Piquín.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...