HomesociedadeCórtase o tráfico desde este día 2 na estrada provincial de Pedrafita...

Córtase o tráfico desde este día 2 na estrada provincial de Pedrafita a Seoane

As obras de mellora e ensanche que está acometendo a Deputación de Lugo no tramo que vai do punto quilométrico 10,7 ao 12,5 da estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada a partir de hoxe, 2 de febreiro, e previsiblemente ata o 18 de xaneiro, cando rematen as obras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

É necesario cortar a circulación para acometer os traballos de adaptación da rasante nun tramo de curvas, a instalación dun tubo para executar a drenaxe transversal e, posteriormente, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o estendido de aglomerado. Está previsto restablecer o tráfico o día 18, aínda que se fará antes se terminan os traballos.

A Deputación inviste 245.000€ na mellora deste tramo da estrada provincial de Pedrafita a Seoane que vai do quilómetro 10,7 ao 12,5; ten adxudicada outra fase, do quilómetro 8,6 ó 10,7, neste caso por un importe de case 300.000€; e está redactando o proxecto para a terceira fase.

“Desta forma, ao finalizar este mandato, esta vía quedará completamente renovada”, sianalan desde a Deputación. Os traballos contemplan a ampliación da estrada, tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización horizontal e vertical, e colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...