HomesociedadeBaixa o paro na comarca de Chantada mentres sube en toda a...

Baixa o paro na comarca de Chantada mentres sube en toda a zona sur

No mes de xaneiro o paro na comarca de Chantada diminuíu en 11 persoas. Pola contra na comarca de Lemos aumentou en 7, na de Quiroga en 20 e na de Sarria en 26.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente os datos do paro na comarca de Chantada, non así os de Quiroga, Lemos e Sarria.

Por concellos na comarca de Chantada os datos son os seguintes para un total de 573 parados, 11 menos que no mes anterior:

  • Carballedo 61 (-7)
  • Taboada 89 (=)
  • Chantada 423 (-4)

Na comarca de Lemos o paro de xaneiro é de 1515 persoas, 7 máis que no mes anterior:

  • Bóveda 46 (-4)
  • Monforte de Lemos 1096 (+22)
  • Pantón 83 (-4)
  • A Pobra do Brollón 67 (+3)
  • O Saviñao 131 (-6)
  • Sober 92 (-4)

A comarca de Quiroga suma en xaneiro 258 parador, 20 máis que no mes anterior:

  • FOLGOSO do Courel 47 (+5)
  • Ribas de Sil 39 (+2)
  • Quiroga 172 (+13)

Na comarca de Sarria súmanse 1011 parados, 26 máis que no mes anterior:

  • O Incio 52 (+1)
  • Láncara 92 (=)
  • Paradela 27 (-3)
  • O Páramo 38 (=)
  • Samos 39 (+2)
  • Sarria 742 (+27)
  • Triacastela 21(-1)

A Secretaría de Acción Sindical amosa a súa preocupación polos datos de Sarria e Monforte, con 27 e 22 parados máis respectivamente. Preocupa ao sindicato que Monforte estea á cabeza no sector servizos con 763 parados, así como na agricultura e gandaría con 64 parados, superando a Chantada ou Sober.

Valoran positivamente que na comarca de Lemos queden poucos traballadores en ERTE, “o que significa que hostalería e comercio recupéranse de modo espectacular” sinalan. Ven o sector industrial estancado con 85 parador na cidade do Cabe. Lembran desde o sindicato que teñen denunciado a varias empresas do sector servizos na comarca de Lemos polo depido de varios traballadores sen facer efectiva a liquidación e o finiquito.

Asemblea o día 9 en Lugo

A Secretaría de Acción Sindical convoca a todos os delegados de CCOO na zona sur a participar na asemblea informativa do vindeiro día 9 en Lugo, para abordar a reforma laboral. O sindicato ve un gran avance nesta reforma “por ser a primeira vez en moitos anos que se recuperan dereitos laborais, como a ultraactividade, a contratación e recuperar a negociación colectiva,” sinalan.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...