HomesociedadeTorre da Homenaxe en verde no Día Mundial contra o Cancro

Torre da Homenaxe en verde no Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Monforte súmase este venres, 4 de febreiro, aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade procederase na tarde-noite á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade.

Baixo o lema da campaña deste ano  Non somos todos iguais contra o cancro, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é garantir que todas as persoas teñan os mesmos dereitos, oportunidades e recursos para previr a enfermidade, enfrontarse a ela e acceder aos resultados da investigación.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro segue constituíndo unha das principais causas de mortalidade no mundo, co diagnose de 18,1 millóns de casos novos en 2020. O número de cánceres diagnosticados en España no ano 2022 se estima que alcanzará os 280.100 casos. A Asociación ponse a disposición da cidadanía a web acuerdocontraelcancer.com, coa finalidade de que a sociedade apoie esta iniciativa.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...