Iniciosociedade33 empresas da Ribeira Sacra co distintivo "Compromiso de Calidade"

33 empresas da Ribeira Sacra co distintivo “Compromiso de Calidade”

As renovacións e as novas incorporacións suman un total de 33 empresas certificadas co distintivo “Compromiso de Calidad” no xeodestino Ribeira Sacra. Constrúese así unha rede que engloba a diferentes actores e subsectores do turismo (aloxamentos, restaurantes, transporte, recursos turísticos, servizos públicos, compañías operadoras de rutas fluviais,...), comprometidos pola mellora continúa dos seus servizos; axudando á diferenciación do destino e mellorando a experiencia e satisfacción dos nosos visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No informe do comité SICTED 2021 (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo), correspondente a decembro recóllese o número de establecementos e empresas de servizos turísticos que renovan o distintivo “Compromiso de Calidad” na Ribeira Sacra, así como aqueles que se adhiren por primeira vez.

Trala incorporación do xeodestino Ribeira Sacra á rede de Destinos SICTED de España,  acreditáronse na anualidade 2020 vintecatro empresas turísticas. Mediante esta acreditación outórgase o mencionado distintivo “Compromiso de Calidad Turística”, un soporte que pon de manifesto e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade dos establecementos avaliados.

Este distintivo ten unha validez de dous anos, suxeita a unha avaliación periódica anual. Trala avaliación correspondente, as 24 empresas conseguiron a renovación do distintivo, poñendo de manifesto unha vez máis a firme aposta pola calidade do tecido empresarial de Ribeira Sacra. Ademais, no pasado ano 2021, segunda anualidade do proxecto, incorporáronse novas candidaturas, conseguindo 9 empresas máis superar o proceso de avaliación e consecuente distinción.

Durante o mes de febreiro o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra levará a cabo unha xornada de sensibilización para captar a novos profesionais e abrirase na primavera o prazo para que as empresas interesadas podan solicitar a adhesión ao SICTED e comezar o procedemento de formación e avaliación de cara a conseguir o distintivo en 2022.

Empresas acreditadas co “Compromiso de Calidade Turística”:

Novas incorporacións (2021): 

  • ADEGA PROENCIA
  • CASA DAS XACIAS
  • CASA DE LAS FLORES
  • CASA DO POLO
  • CASAS QUO VADIS
  • EUROTAXI QUIROGA
  • GENUINE GALICIA
  • MONASTERIO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL
  • VIAJES HEMISFERIOS

Renovacións (2020):

  • ADEGA CONDADO DE SEQUEIRAS
  • APARTAMENTOS RIBEIRA SACRA
  • APARTAMENTOS RÍO SIL
  • CASA DARÍO
  • CASA DO ROMUALDO
  • CASA GRANDE DE COVAS APARTAMENTOS TURÍSTICOS
  • CASA- MUSEO FÁBRICA DE CHOCOLATE
  • CASA RURAL O CANTO DA TERRA
  • CASA SANTIAGO
  • CASA SOLVEIRA
  • CASA VISTABOA
  • ENOTURISMO GALICIA
  • HOTEL CONDES DE LEMOS
  • HOTEL MOGAY
  • MÁIS QUE ROMÁNICO, RUTAS
  • NOVAS RUTAS
  • REMANSO DOS PATOS
  • OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE CHANTADA
  • OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE PARADA DE SIL
  • PORTOMIÑO
  • RESTAURANTE A CANTINA
  • RURAL LUXURY POMBAR
  • SILTRIP

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...