HomesociedadeCorte de auga na rúa Chantada de Monforte o día 11 de...

Corte de auga na rúa Chantada de Monforte o día 11 de 9:30 a 12:00

O concello de Monforte anuncia para mañá, 11 de febreiro, un corte na rede de subministro de auga na rúa Chantada, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga nesta rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corte na rede de auga para o desenvolvemento destas actuacións producirase entre as 9:30 e as 12:00 horas de mañá venres día 11 de febreiro, co obxecto substituír a tubería provisional que foi instalada co inicio das obras de mellora no seaneamento, pola tubería definitiva, a cal será conectada a rede de abastecemento.

Deste xeito, levarase a cabo o corte de auga na rúa Chantada, so na súa marxe esquerda, entre a rotonda do Hórreo e o tanatorio, e agardando que arredor das 12 horas poida ser restablecido o servizo.

 “Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio”, sinala o Alcalde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...