Cursos de balde para desempregados no IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte acolle desde marzo ata xuño 3 cursos AFD destinados preferentemente a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. Os cursos son de balde e as prazas limitadas. E dous alumnos do centro veñen de recibir candanseu pleno literario.

IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte acolle desde marzo ata xuño 3 cursos AFD destinados preferentemente a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. Os cursos son de balde e as prazas limitadas.

Do 7 de marzo ata o 5 de xullo desenvolverase o curso de Arranxos e adaptacións de prendas e artigos de téxtil e pel. Terá un total de 408 horas e desenvolverase en horario de 16.00 a 21.00.

Do 8 de marzo ao 29 de xuño será o de Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas informáticos.  Impartirase tamén en horario de 16.00 a 21.00 ata completar 388 horas.

O terceiro é o de Servizos auxiliares de estética. Que se impartirá do 9 de marzo ó 21 de xuño tamén en horario de 16.00 a 21.00 ata completar un total de 378 horas.

Os tres son cursos de nivel 1, polo que non se precisa titulación previa para poder asistir. Os interesados deben de comunicalo na Oficina de Emprego de Monforte. Estas ensinanzas impártense segundo acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Emprego e Igualdade para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional de Galicia. As persoas que rematen o curso recibirán o correspondente certificado de profesionalidade

Existen axudas para o alumnado reguladas pola ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023.

2 premios literarios para alumnos da Pinguela

Premios literarios de dous alumnos do IES A Pinguela

Carla López Otero, alumna de 1º de Bacharelato Ciencias do IES A Pinguela, obtén o 2º premio na nova edición do certame de conto e relato curto Trapero Pardo que organiza o concello de Lugo. O seu servizo de Educación valorou moi positivamente o seu conto “Camiños”, un relato de misterio que xoga co medo ó lobo da protagonista, que a fixo merecedora deste importante recoñecemento literario na categoría 15 a 18 anos.

Rodrigo Cota Pérez, alumno de 1º ESO  A do IES A Pinguela, recolle na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 1º premio da categoría C (de 12 a 16 anos) do certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” convocado pola Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here