HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra de Vinexpo a Prowein

A D.O. Ribeira Sacra de Vinexpo a Prowein

A cita de París foi o primeiro gran encontro vinícola internacional do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas recibía con gran expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que contou con 2.800 expositores de 32 países durante tres días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

12 referencias da D.O. Ribeira Sacra, pertencentes a 12 adegas da zona, degustáronse esta semana en Vinexpo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). Era a primeira vez que os viños e licores autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade, promocionábanse de forma conxunta no exterior.

Desde o C.R.D.O.R.S. valoran positivamente a volta ás feiras internacionais despois deste tempo de pandemia. En París o visitante sorprendeuse co diferentes que son os viños da D.O. Ribeira Sacra en relación con outros viños españois que acoden habitualmente a Vinexpo, era a primeira vez que a D.O. Ribeira Sacra acudía a París, xa que antes da pandemia a feira celebrábase en Bordeus. “Era esa posta en escena de volver outra vez ás feiras internacionais. Non había a cantidade de viños internacionais que normalmente hai nesta cita, pero Francia fixo un gran esforzo e alí estaba toda Francia e outros países do mundo á expectativa, a ver como funcionaba e como ía todo e parece que as feiras que están por vir como Prowein volverán ser eses grandes eventos ao redor do viño,” sinala o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez.

ACRUAGA intégrana os Consellos Reguladores do Viño e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito co IGAPE cuxo fin é a promoción internacional dos viños e destilados amparados baixo os selos de calidade diferenciada de Galicia. ACRUAGA impulsará accións de formación e difusión dos viños galegos con D.O. Ademais de Vinexpo a asociación estuda participar en xuño na London Wine Fair, a feira vinícola máis importante do Reino Unido.

A maiores desta promoción internacional conxunta a D.O. Ribeira Sacra espera acudir a outras feiras ao longo do ano, a seguinte Prowein, como apunta José Manuel Rodríguez, “A situación de pandemia dificulta prever as accións promocionais nas que participará a D.O. Ribeira Sacra e os seus viños, pero se as condicións permíteno, os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán en Xantar, Gourmets, Prowein ou Fenavin e os diferentes concellos tentarán celebrar as súas feiras do viño. Seguiranse buscando alternativas para trasladar ao consumidor o sabor dunha paisaxe e a importancia de apostar polos viños con D.O. como motores socioeconómicos dos territorios.”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...