HomesociedadeO 19 de marzo volven os cantos de taberna a Quiroga

O 19 de marzo volven os cantos de taberna a Quiroga

O Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organiza unha nova actuación dos "Cantos de Taberna", co obxectivo de recuperar "as nosas tradicións musicais."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de lecer e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca.

Esta nova edición que se recupera despois de dous anos desenvolverase o sábado, 19 de marzo. Nestes V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada  establecemento, e rematarán  todos xuntos cunha gran foliada.

Poden participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12. Para inscribirse teñen que anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do telf: 982.43.51.25.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...