HomesociedadeChechu Salgado, pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi

Chechu Salgado, pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi

O actor nado en Sober Chechu Salgado (1991) será o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 9 e 10 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o concello de Sober que cando Chechu Salgado recibiu a proposta non o dubidou e manifestou sentirse moi agradecido e “desexando que chegue ese día que vai ser inesquecible”.

Chechu Salgado vén de recibir o Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme ‘As Leis da fronteira’. Ademais desta gran interpretación Chechu Salgado ten participado en series galegas de gran renome, como Serramoura, na serie de Antena3 Fariña, en Servir y Proteger, de TVE ou en Patria, de HBO. Na actualidade está rodando unha serie en Galicia.

O Concello de Sober quere con esta elección recoñecer o traballo que o mozo está facendo no mundo audiovisual “no que aínda lle quedan moitos éxitos que colleitar” e, ao mesmo tempo, contar cun pregoeiro de excepción, de actualidade e un orgullo para todos os veciños

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...