Saboroso ‘Cocido do Porco Celta’ para degustar na Comarca de Sarria

Os días 26, 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo diferentes establecementos ofrecerán este manxar dentro da celebración da XIV Festa do Cocido de Porco Celta. Coñece os bares e restaurantes participantes.

Cocido de porco celta / XdL

Este pasado luns o Hotel Alfonso IX de Sarria acollía a presentación da XIV Festa do Cocido do Porco Celta na comarca de Sarria, celebración que nesta ocasión cambia de formato ao non poder organizar aínda xuntanzas gastronómicas multitudinarias.

A cita deste ano co cocido, que se fará nos establecementos adheridos,  sácase adiante coa colaboración dos concellos de Sarria, O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos e Triacastela, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Asoporcel, Embutidos Teijeiro, Panadaría Pallares e Sarria 100 –Asociación de Hostalería e Turismo do Camiño Francés–.

Os establecementos participantes na XIV Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria, a celebrar durante os días 26, 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo de 2022, ofrecerán cocido, tapas e racións de porco celta.

O Cocido de Porco Celta poderemos degustalo, previa reserva nos seguintes establecementos:

  1. Hotel Alfonso IX Tel. (+34) 982 530 005 (Sarria).
  2. Hotel Roma Tel. (+34) 982 532 211 (Sarria).
  3. O Chanto Tel. (+34) 686 804 525 (Sarria).
  4. D’orixen Tel. (+34) 655 870 672 – (+34) 982 876 472 (Sarria).
  5. Hotel A Veiga Tel. (+34) 982 546 052 (Samos).
  6. Mesón A Pontenova Tel. (+34) 982 54 60 03 (Samos).
  7. Albaroque Tel. (+34) 616 347 486 (Samos).

E as tapas e racións de Porco Celta:

  1. Cafetería Central Tel. (+34) 686 464 635 (Sarria)
  2. Cantina de Renche Tel. (+34) 650 50 25 09 (Samos). (Previa Reserva)
  3. D’orixen  Tel. (+34) 655 870 672 – (+34) 982 876 472 (Sarria).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here