HomesociedadeOutlet de Inverno no comercio de Sarria do 3 ao 5 de...

Outlet de Inverno no comercio de Sarria do 3 ao 5 de marzo

ACES- CCU Sarria desenvolve durante tres días, os próximos xoves, venres e sábado (3-4-5 de marzo) a sétima edición do "Outlet de inverno". Como no 2021 decidiuse ampliar a tres días esta actividade, o que axudará a non crear aglomeracións nin situacións que poidan poñer en perigo a saúde pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre o xoves 3 e o sábado 5 de marzo, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia. O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde. 

123 ESCONDITE INGLÉS (puericultura), ARA MODA, ATMÓSFERA SPORT, BARJA SHOES, BICOS DE FÍO, CACTUS ROSE, CALZADOS GAYOSO, CALZADOS VEIGA, COLORIN COLORADO, CRIS ABAD, DIMAR MODA, DUET MODA, ISABEL MODA, JOYERÍA SALGADO, LAR DE MENCHU, MERCERÍA LUCÍA, MERCERÍA SARILLO, MICSPORT SARRIA, MONCHO MODA, PEREGRINOTECA, SABRINA MODA, SENAYO, TRECE TABLAS, ULTREIA, VILAMEY COMPLEMENTOS e ZAIDA terán unha zona “Outlet“, con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.  

O comercio de Sarria ofrecerá tres xornadas con moito produto e a moi bó prezo.  Un distintivo visible nos escaparates, identificará os comercios participantes. O obxectivo principal é impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte á Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...