HomesociedadeO IES A Pinguela na fase final do Parlamento Xove

O IES A Pinguela na fase final do Parlamento Xove

Defenderon nos debates claificatorios se "Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo do IES A Pinguela está formado polas alumnas de 4º de ESO Eva Martínez, Area Gómez, Gabriela Corral e Aldara Fernández que souberon defender, en dous debates, e atacar nun terceiro, se “Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente”, gañando en dous e coa suficiente puntuación para obter 440 puntos que as colocaron entre as 8 que pasan á fase final, que se desenvolverá no Parlamento de Galicia.

A fase clasificatoria xogouse esta fin de semana na Universidade Laboral de
Culleredo e congregou a 22 equipos de distintos centros públicos e privados
de toda Galicia.

o IES A Pinguela felicita ás alumnas do equipo polo traballo realizado. Tamén polo moito que permite aprender de comunicación, expresión oral e de traballo en equipo, esta experiencia.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...